27
O edil do Partido Popular en Cambre, Manuel Rivas Caridade, realizou unha "posta a disposición" pública para botar unha man na voda da filla de Amancio Ortega. Así o critica hoxe Esquerda Unida nun comunicado. A moza Marta Ortega, principal herdeira do emporio Inditex, casou esta fin de semana nesta vila coruñesa con Sergio Álvarez Moya. Esquerda Unida critica que o alcalde "tomase a decisión unilateral de ofrecer os servizos do Concello a unha persoa privada", malia que o creador de Zara non aceptou finalmente a oferta.