Acabamos de activar todo un paquete de melloras na web. Imos tentar explicar algunhas, comezando polo karma.
Karma
O sistema base de cómputo de karma no Chuza está baseado, por suposto, no de menéame. Ese sistema leva evolucionando durante anos para adaptarse ás necesidades dunha comunidade dun tamaño bastante superior ao da nosa. Por ese motivo, foi necesario, e seguramente seguirá sendo, realizar diversas adaptacións de cara a mellorar o comportamento do sistema que envía as notícias á portada.
O cómputo do karma está afectado por varias cousas. Certos temas, como a degradación do karma no tempo e o famoso “control de mafias”, levan tempo desactivados. Mais ainda así, quedan outros comportamentos que seguen a fustrar aos usuarios.
Un deles é a penalización por noticia da mesma fonte. Aquí está unha simplificación
Para cada noticia na cola:
…
$hours = 8;
$min_pub_coef = 0.8;
$last_site_published = “…data da ultima noticia do sitio publicado nás últimas 8 horas…”;
if ($last_site_published > 0) {
$pub_coef = $min_pub_coef + ( 1- $min_pub_coef) * (time() - $last_site_published)/(3600*$hours);
$karma_new *= $pub_coef;
}
…
fin do bucle
Que fai este anaco de código? Penaliza as noticias enviadas nas últimas 8 horas desde unha mesma fonte, tendo como máxima penalización o 20% do valor do karma ( o 0,8 do min_pub_coef) para as noticias enviadas inmediatamente despois da última publicada.
(08-2011)Como proba, o numero de horas pasará de 8 a 4 e o coeficiente mínimo de 0.8 a 0.9, de cara a penalizar en menor medida ese comportamento.
Metacategorías
Por outra banda, certas noticias estaban sendo penalizadas tamén por seren de metacategorías que teñen moitas máis noticias que o resto. O sistema por defecto fomenta que aparezan as notícias das diferentes metacategorías de xeito homoxéneo, de cara a favorecer a diversidade dos contidos.
(08-2011) Esa funcionalidade provoca un efecto indesexado en Chuza, facendo que se penalicen certas noticias e provocando a conseguinte perturbación. Polo tanto, probaremos a eliminala completamente.
Comentarios Aninhados
Outra das novidades na web é a dos “comentarios aniñados”. Inspirados nos do sítio Reddit.com, pretenden trocar a idea dos comentarios lineais que había até agora, por un sistema no que se responda e se “premie” aos comentarios que máis gosten á comunidade. Premendo o botón de réplica pódense contestar a comentarios xa emitidos. Ademáis, os comentarios ordenaranse polo karma dos votos que teñan. O sistema é totalmente diferente do actual, mais esperamos que a mudanza sexa para mellorar.
Tamén se inclúe na actualización unha nova imaxe proporcionada por Luís Magarinhos, que axuda a consolidar o aspecto gráfico da web. Con todo isto e algúns aspectos menores, esperamos axudar a que se mellore a experiencia dos usuarios da web. Lembrámos-vos que todo o relativo á web pódese debater e votar nas Asembleas, e celebrara-se unha ordinaria antes de que acabe o ano.
Enjoy!