Xudeus antisionistas non celebraran o 60 aniversario do Estado de Israel[26 chuzadas, 3 comentario(s)]. Comunicado de xudeos antisionistas ante a celebración por parte de certas organizacións do 60 aniversario da fundación do Estado de Israel.
"Non saberíamos celebrar o aniversario dun Estado que, aínda hoxe, practica a depuración étnica, viola o dereito internacional, inflixe un castigo colectivo monstruoso á poboación civil de Gaza e continúa denegando aos palestinos os seus dereitos humanos e as súas aspiracións nacionais". » en chuza
Un ano máis... a polo ghit![27 chuzadas, 0 comentario(s)]. Sabemos que o estabades a agardar. Xa comeza a terceira edición de A polo ghit, o concurso que procura a canción galega do verán e que organizan Vieiros e a Radio Galega. Dende agora mesmo, as agrupacións e solistas que queiran aspirar ao ghit 2008 teñen abertas as caixas de correo reais e virtuais para enviar as súas achegas. » en chuza
Medio Rural aproba o sistema de determinación de prezos-tipo para os alleamentos de fincas rústicas do Bantegal[25 chuzadas, 0 comentario(s)]. A Consellaría do Medio Rural aprobou o sistema para determinar os prezos que servirán como valores tipo de referencia para a cesión de dereitos de fincas rústicas titularidade da Sociedade Anónima Xestora, Bantegal, que estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2008, conforme unha fórmula que establece o valor do predio, segundo acordou o Consello da Xunta. » en chuza
Vodafone cobrou ''por error'' o día 1 de Maio como se fose laborable[27 chuzadas, 3 comentario(s)]. Vodafone recoñeceu que o día 1 de maio, festivo nacional, aplicou a alguns clientes de prepago as tarifas dos días laborables "por error" e asegurou que, unha vez calculado o importe cobrado de máis, procederá á súa devolución. » en chuza
'Vertigo', a obra mestra de Hitchcock, cumpre 50 anos[25 chuzadas, 4 comentario(s)]. Cando un día como hoxe de hai 50 anos estreouse nos Estados Unidos a que entón era a última película de Alfred Hitchcock, *a reacción de público e critica non foi precisamente entusiasta*. Na actualidade, a que a revista ‘Time’ definiu naquel momento como “disparate”, é unha obra de culto, considerada por moitos fans e estudiosos do lendario director británico como a mellor dunha carreira chea de cumes. » en chuza
Descubre cal é a tua personalidade cun test de só 4 pasos[26 chuzadas, 22 comentario(s)]. Esta páxina contén un sinxelo test de 4 pasos, co que te encadran dentro dunha das 16 personalidades posibles. É curioso como a pesares da sua sinxeleza, o perfil resultante pode chegar a acertar bastante cun mesmo. » en chuza
Comunicado de Banda Bassotti. Pola liberdade de expressom[35 chuzadas, 0 comentario(s)]. Acusam-nos de apoiar à ETA num texto, quando neste mesmo texto a organizaçom armada ETA nunca esta nomeada. A palavra “eta” em euskara (a língua Basca) ademais de ser a sigla a todo o mundo conhecida é umha simples conjunçom gramatical (quer dizer simplesmente “e”) como no caso deste parágrafo incriminado que imos citar ao final desta declaraçom… A traduçom é: “vitoriamos-te e ti és o braço do povo” e nom é como eles [PP, AVT, El Mundo] afirmam: “vitoriamos-te ETA és o braço do povo”. » en chuza
Concertos por votación[28 chuzadas, 0 comentario(s)]. Un concerto de Soziedad Alkohólica na localidade berciana de Bembibre está a ser obxecto dunha "competición" de sinaturas recollidas para pedir que se celebre ou non; haberá que estar atentos por si se abren votacions para ver cal é a cultura que está permitida e a que non. » en chuza
O software libre aforra 60.000 millóns de dólares ao ano[33 chuzadas, 1 comentario(s)]. Segundo un estudo, as empresas de software privativo perden uns 60.000 millóns de dólares por causa do software libre. Nun acertado titular que da volta á tortilla, son as empresas quenes se aforran estes custes.
Alguén dubida que o software libre é o fututo? Instalar Ubuntu xa non é para especialistas. Só queda que as Administracións deixen de escravizarse co software privativo e aposten decididamente por esquencerse do anacronismo das "licencias de software". » en chuza
PP pide o bipartito que no gaste os cartos en fomentar a lingua galega[42 chuzadas, 4 comentario(s)]. c+p El grupo municipal del PP criticó ayer el convenio firmado entre el Concello de Ourense y la Universidad de Vigo para fomentar la educación plurilingüe. «Entiendo que a Isabel Pérez le guste defender el gallego y firmar convenios a favor del plurilingüismo, pero le recuerdo que su concejalía no tiene competencia en estos temas. » en chuza
Malmequer elabora un calendario con todos os festivais do verán[31 chuzadas, 1 comentario(s)]. Chega o bo tempo e comezan a chegar as novas dos festivais de verán. Malmequer irá actualizando a listaxe deles para saber en todo momento o que se move na Galiza dos festivais. Suxestión: Poderase colgar un iCal na Blogoteca? » en chuza
A Subdelegación do Goberno prohibe a manifestación do "aniversario" de Reganosa[47 chuzadas, 5 comentario(s)]. A subdelegación do goberno prohibe a marcha deste venres con motivo do primeiro aniversario do funcionamento da regasificadora de Mugardos. Os convocantes manteñen a convocatoria de marcha para denunciar ás empresas que están detrás da factoría » en chuza
'Os apelidos castelanizábanse para aparentar modernidade'[58 chuzadas, 4 comentario(s)]. George Ryskamp, profesor da Universidade de Brigham Young (Utah) nos Estados Unidos, é o maior experto en xenealoxía hispana en Norteamérica. Autor dunha ducia de libros sobre esta materia, moi popular nos EE.UU, ofreceu onte un relatorio no Instituto Padre Sarmiento sobre como buscar devanceiros coa axuda da rede. » en chuza
Atopan o palacio da raíña de Saba[36 chuzadas, 0 comentario(s)]. Arqueólogos alemáns atoparon os restos do palacio da lendaria raíña de Saba na localidade de Axum, en Etiopía, e desvelado con iso un dos maiores misterios da antigüidade, segundo anunciou hoxe a Universidade de Hamburg. Os restos da residencia da raíña de Saba foron achados baixo o palacio dun rei cristián. » en chuza
R lidera o crecemento das comunicacións no Estado[41 chuzadas, 0 comentario(s)]. O operador galego de comunicacións por fibra óptica R medrou a súa cifra de negocio por riba das demais empresas do sector no Estado Español. O informe da CMT do cuarto trimestre de 2007 reflicte que R medrou con respecto ao ano anteiror un 10,74% no volume de negocio en telefonía fixa e un 11,89 en clientes, fronte ao 1,61% da media estatal. » en chuza
Tribunal não atende petição da Quercus para travar Pescanova[29 chuzadas, 0 comentario(s)]. [C-P]O Tribunal Administrativo e Fiscal de Coimbra considerou improcedentes os pedidos da Quercus para anular a Declaração de Impacto Ambiental (DIA) do projecto da Pescanova em Mira e impedir o licenciamento e construção do empreendimento.A sentença, proferida en de Abril, foi hoje comentada pelo presidente da direcção da Quercus, que ficou surpreendido por o tribunal concluir que a DIA não possa ser impugnada, quando idênticas providências da Quercus noutros casos têm sido aceites.[C-P] _*Relacionada_* tinyurl.com/6p7kew » en chuza
A comisión Europea rexeita aprobar tres variedades transxénicas[42 chuzadas, 1 comentario(s)]. A Comisión Europea rexeita aprobar dous millos transxénicos de Monsanto e Pioneer así como unha pataca transxénica de Basf.
A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria da UE é cuestionada pola Comisión no debate sobre transxénicos que tivo lugar onte. » en chuza
ANV afirma que o PSOE devolveu o franquismo às Juntas de Araba[45 chuzadas, 3 comentario(s)]. O porta-voz de EAE-ANV nas Juntas Gerais de Arava, Aitor Bezares, acusou hoje ao PSOE e ao PNV de querer "silenciar" a voz da esquerda abertzale e sublinhou que "o PSOE devolveu o franquismo às Juntas". » en chuza
A Xunta aproba o decreto que obriga a que os secretarios e interventores municipais coñezan o galego[64 chuzadas, 3 comentario(s)]. O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto que regula a obrigatoridade de que os secretarios, interventores e tesoureiros dos concellos (de habilitación estatal) teñan un coñecemento mínimo da nosa lingua tanto a nivel escrito coma oral. Estes funcionarios de habilitación estatal terán que ter un nivel equivalente aos Celga 4. » en chuza
Nova Iorque comeza a sofrir crise alimentar[32 chuzadas, 0 comentario(s)]. As subidas de prezo dos alimentos comeza a deixarse sentir na vida das grandes cidades. En Nova Iorque é xa habitual ver nas colas das "Cociñas Económicas" a xente con casa e traballo. Ao menos así se afirma neste video elaborado pola axencia Reuters onde se entrevista aos comensais e máis ao responsábel dun deses comedores. » en chuza
O PSOE sondea novos posicionamentos a respeito de ENCE[34 chuzadas, 0 comentario(s)]. Que o Conselleiro de Medio Ambiente non é de fiar é algo que non paga a pena repetir. Tras a aprovación da autorizacion ambiental integrada a ENCE, segue a manter na recámara a sua xogada de levar a indústria ás Pontes, unha vez que o lago de ENDESA estea cheo. Este enganoso Traslado que agarda por un acordo coa celulosa... » en chuza
Luz verde ao decreto que regula a actividade dos 'furanchos'[33 chuzadas, 1 comentario(s)]. O novo texto esixe que os furanchos cumpran unha serie de requisitos mínimos para a súa legalización, como a necesidade de que teñan iluminación e ventilación, que o viño non sexa embotellado senón procedente de pipote, ou que os alimentos que se acompañen cumpran unhas normas mínimas de etiquetaxe e procedencia, sen que poidan ser elaborados no propio local. Ao mesmo tempo, este tipo de establecementos tamén deberán cumprir a normativa turística e estarán suxeitos ás normas locais que sexan aplicables en cada concello. » en chuza
ASINA: Eu nunca irei ás touradas[41 chuzadas, 1 comentario(s)]. A League Against Cruel Sports, unha organización británica lanzou unha petición internacional, para que a xente demostre que nunca acudirá a unha tourada; a ONG quere alcanzar un 1.000.000 de apoios; asi que todos a ¡asinar! » en chuza
Desastre ecolóxico no corazón da Ribeira Sacra[50 chuzadas, 1 comentario(s)]. Una grave incidente ecolóxico chegou a Ribeira Sacra da man dos de sempre, dos todopoderosos que fan calar a os Concellos con ofrendas e limosnas. Contaminación de augas correntes narutáis, corta de todo tipo de árbores e outra vexetación, para instalar (eso dín) unha granxa ecolóxica. Coa disculpa do nome (ecolóxico)estanse a facer atrocidades como esta. Ou facemos forza ou farán da Ribeira Sacra e de toda Galicia un verdadeiro desastre. » en chuza
Camilo Nogueira: «Galiza nom é um recuncho, é a porta atlántica da Europa»[56 chuzadas, 1 comentario(s)]. O que foi deputado no Parlamento europeo presenta dous ensaios, onde achega unha revisión da construción da Unión Europea, e outra sobre a significación de Galiza no proxecto: «Galiza afianza a súa forza en Europa da man de Portugal: "fúndense nunha nova realidade: Galiza é a comunidade á que máis exporta Portugal, e tamén a que máis lle exporta ao país. Económica e demograficamente, esta nova realidade que integran Galiza e Portugal é moi potente» » en chuza